13 de xaneiro, 20.00h
14 de xaneiro, 17.00h
14 de xaneiro, 20.30h

Prezo: desde 13 euros + gastos de xestión
3 de xaneiro, 17.00h
3 de xaneiro, 20.30h
4 de xaneiro, 17.00h

Prezo: desde 16,75 euros + gastos de xestión
29 de decembro, 17.00h
29 de decembro, 20.00h
30 de decembro, 12.00h
30 de decembro, 17.00h

Prezo: 15 e 35 euros + gastos de xestión
2 de decembro, 20.00h
3 de decembro, 17.00h
3 de decembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
26 de novembro, 20.00h
27 de novembro, 12.00h
27 de novembro, 17.30h

Prezo: 20 e 25 euros + gastos de xestión
11 de novembro, 20.00h
12 de novembro, 17.00h
12 de novembro, 20.30h
13 de novembro, 12.00h
13 de novembro, 17.00h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
5 de novembro, 17.00h
5 de novembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
28 de outubro, 20.00h
29 de outubro, 20.00h

Prezo: 15, 20 e 25 euros + gastos de xestión
7 de outubro, 20.00h
8 de outubro, 17.00h
8 de outubro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
Skip to main content

Conchi Silvent é unha deseñadora cunha ampla experiencia no mundo da moda. Desde 1985 dedícase ao deseño, patronaxe e confección de todo tipo de pezas e o que é evidente cando se visita o seu perfil de Instagram é que está afeita a elaborar pezas para disciplinas como a danza, os bailes de salón, a ximnasia rítmica ou a patinaxe, entre outras. A súa experiencia, sen dúbida, axudoulle a enfrontarse ao reto que supuxo elaborar o vestiario de Inventio coa súa mestura de circo, danza e maxia.

Esta ferrolá define o traballo como complicado “porque houbo que innovar, introducir diferentes texturas e combinar tecidos elásticos con outros que non o eran”. Había, ademais, moitos factores en xogo e recoñece que o que máis lle custou foi “situarse no futuro” no que se desenvolve o espectáculo. Aínda por riba, a historia esixía a introdución paulatina de elementos do universo xacobeo e da cultura galega que debían aparecer “no momento adecuado, dun xeito sutil”. Este labor non foi doado pero recoñece que gozou do traballo pola creatividade e a liberdade artística con que se desenvolveu.

As 45 pezas do vestiario de Inventio foron coidadosamente concibidas e elaboradas por esta perfeccionista deseñadora tendo sempre en mente as esixencias de cada número. Así, para a espectacular escena de Deibit & Nymeria nun recipiente cheo de auga, houbo que escoller materiais axeitados para este número acuático, cun deseño axustado e elástico ao mesmo tempo, e deixar tamén zonas do corpo ao aire que permitisen aos artistas suxeitarse. No plano estético, Conchi Silvent decidiu xogar cunhas licras con hologramas en tons azulados e prateados nos que incrustou unhas tiras de cor azul que imitaban un río e outras brancas con forma de onda. Cousas que, di rindo, “igual só están na miña cabeza e ninguén aprecia”, pero que dan idea do grao de detalle do seu traballo.

O proceso de creación das pezas requiría saber en primeiro lugar para que número ían ser e as esixencias ligadas á disciplina. Cos requisitos en mente, os deseños tomaban forma na cabeza de Silvent, planeando por adiantado a patronaxe e mesmo a confección, e o seguinte era plasmalos nun bosquexo a cor que debía recibir o visto e prace dos artistas e da dirección. Para a deseñadora tratouse dun “traballo en equipo moi gratificante” e sinala que poucas veces as súas propostas non saíron adiante, aínda que si que houbo ideas que tiveron que ser descartadas, como o miriñaque que inicialmente ía levar Stéphanie Bouchard no seu número de funambulismo e que ao final quedou fóra.

Desde o punto de vista técnico, “o máis complicado foi o vestiario de Martín: conseguir as mangas elevadas, encher cos cristais…”. Non foi doado “lograr estruturas” pero recoñece que, malia todo, quedou “moi satisfeita co resultado”. Tamén foi laborioso o vestiario dos bailaríns que levan a vieira porque se fixo cosendo pezas moi pequenas de tea.

No tocante ao aspecto visual, Conchi Silvent salienta a diferenza entre ver a peza no seu taller e contemplala no espectáculo, coa iluminación e o movemento. E comenta entusiasmada o “moitísimo” que lle gustou o traxe de peliqueiro que leva Rubén Martín e as pezas dos bailaríns de vento.

Agora que o vestiario de Inventio está rematado e percorrendo escenarios de toda España, tócalle ao público admirar o bo facer de Conchi Silvent. O seu traballo é a mellor proba de que tamén é posible facer maxia con licras, polipel ou neopreno cando se dan as puntadas precisas.