13 de xaneiro, 20.00h
14 de xaneiro, 17.00h
14 de xaneiro, 20.30h

Prezo: desde 13 euros + gastos de xestión
3 de xaneiro, 17.00h
3 de xaneiro, 20.30h
4 de xaneiro, 17.00h

Prezo: desde 16,75 euros + gastos de xestión
29 de decembro, 17.00h
29 de decembro, 20.00h
30 de decembro, 12.00h
30 de decembro, 17.00h

Prezo: 15 e 35 euros + gastos de xestión
2 de decembro, 20.00h
3 de decembro, 17.00h
3 de decembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
26 de novembro, 20.00h
27 de novembro, 12.00h
27 de novembro, 17.30h

Prezo: 20 e 25 euros + gastos de xestión
11 de novembro, 20.00h
12 de novembro, 17.00h
12 de novembro, 20.30h
13 de novembro, 12.00h
13 de novembro, 17.00h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
5 de novembro, 17.00h
5 de novembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
28 de outubro, 20.00h
29 de outubro, 20.00h

Prezo: 15, 20 e 25 euros + gastos de xestión
7 de outubro, 20.00h
8 de outubro, 17.00h
8 de outubro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
Skip to main content

Os billetes para as primeiras datas da xira están xa a disposición do público cun prezo de saída reducido e que estará activo até o 17 de maio

Inventio é unha creación para público familiar chea de humor, misterio e fantasía; unha viaxe sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos de cinema futurista, que visitará 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023

As entradas para as primeiras datas da xira galega de Inventio, o novo espectáculo de gran formato de ilusionismo, danza, artes circenses e música inspirado no Camiño de Santiago, xa están á venda. Desde hoxe o público pode adquirir os seus billetes, cun prezo reducido, para as funcións que se representarán Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo no vindeiro outono-inverno, no marco dunha xira que visitará 15 escenarios de Galicia, España e Portugal entre os meses de setembro de 2022 e xaneiro de 2023.

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, unha creación para público familiar que reborda humor, misterio e fantasía, na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses; unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Baixo a dirección creativa do mago Martín Varela, trátase dunha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e Fundación “la Caixa”, co apoio de Sargadelos.

A estrea absoluta de Inventio terá lugar o 30 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol. Á semana seguinte, os días 7 e 8 de outubro, o espectáculo visitará o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Xa no mes de novembro, a xira fará unha parada en Lugo, concretamente no Auditorio Gustavo Freire o sábado 5. De seguido, entre o 11 e o 13 de novembro, chegará a Pontevedra e, finalmente, no mes de decembro, aterrará o venres 2 e sábado 3 no Auditorio Municipal de Ourense. As últimas funcións da xira galega de Inventio terán lugar en xaneiro de 2023: os días 3 e 4 o espectáculo visitará o Auditorio Mar de Vigo; mentres que os días 13 e 14 do mesmo mes estará no Teatro Colón da Coruña.

Co gallo da activación da venda de entradas, o público pode adquirir desde hoxe e até o 17 de maio os seus tickets cun prezo reducido, cun desconto dun 30% sobre o prezo final. Neste período de venda, as entradas irán desde os 10,50€ até os 17,50€ en función da situación da butaca.