13 de xaneiro, 20.00h
14 de xaneiro, 17.00h
14 de xaneiro, 20.30h

Prezo: desde 13 euros + gastos de xestión
3 de xaneiro, 17.00h
3 de xaneiro, 20.30h
4 de xaneiro, 17.00h

Prezo: desde 16,75 euros + gastos de xestión
29 de decembro, 17.00h
29 de decembro, 20.00h
30 de decembro, 12.00h
30 de decembro, 17.00h

Prezo: 15 e 35 euros + gastos de xestión
2 de decembro, 20.00h
3 de decembro, 17.00h
3 de decembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
26 de novembro, 20.00h
27 de novembro, 12.00h
27 de novembro, 17.30h

Prezo: 20 e 25 euros + gastos de xestión
11 de novembro, 20.00h
12 de novembro, 17.00h
12 de novembro, 20.30h
13 de novembro, 12.00h
13 de novembro, 17.00h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
5 de novembro, 17.00h
5 de novembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
28 de outubro, 20.00h
29 de outubro, 20.00h

Prezo: 15, 20 e 25 euros + gastos de xestión
7 de outubro, 20.00h
8 de outubro, 17.00h
8 de outubro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
Skip to main content

Falar co técnico e produtor José Trincado, coñecido no eido da música como ‘Triki’, éche toda unha experiencia. A súa traxectoria profesional e vital, coma a de moitos galegos, pasa pola diáspora, nun percorrido que o levou por un tempo a Madrid, Barcelona ou Canadá. Desde hai tempo reside en Ponte Caldelas, onde atende, coa mesma ledicia e dedicación, a horta e mais o seu estudio de música, e onde espera quedar aínda que o anden a tentar con ofertas como a que recibiu hai uns anos para se instalar en Los Ángeles, que rexeitou para seguir a vivir ao seu aire no campo dese concello pontevedrés.

Nese estudio compuxo toda a música que se pode oír (e gozar) en Inventio, un proxecto ao que chegou grazas á súa vinculación con Milladoiro, de quen que é técnico de son desde hai quince anos. Foi Alberto Casas, o responsable da iluminación nos concertos do mítico grupo de folk, e tamén de Inventio, quen puxo en contacto a Triki con Martín Varela.

A Varela, director de Inventio, seduciuno o traballo previo de Trincado, que durante o seu paso por Barcelona traballara en varias montaxes da Fura dels Baus, malia que esa era a súa experiencia toda coas artes escénicas. Martín Varela propúxolle crear desde cero a música de Inventio e así comezou un proceso que se prolongaría durante un ano e medio e que se executou, segundo as súas palabras, “a cegas”. A música compúxose a partir dun guión de texto e dunha minutaxe que Varela ía enriquecendo coas súas matizacións: algo máis de ritmo aquí, menos tensión alá, máis acción acolá, etc.

Deste xeito naceron as trinta tomas que conforman a paisaxe sonora da viaxe a 2094 que é Inventio, aínda que quedou fóra moito máis material. Case toda a música é instrumental, unha escolla consciente porque “a voz chama moitísimo a atención, e así que aparece o cerebro vaise alí”. Xa que logo, Trincado esforzouse “para non distraer o espectador do que estaba a acontecer no escenario”. De feito, tan só escoitamos a voz en Auga, tema con reminiscencias de seres fantásticos das fragas interpretado por Madalena Gamalho seguindo as instrucións de Triki de cantaruxar máis ca cantar.

 

Trincado tivo a oportunidade de ver o resultado do seu traballo durante as funcións de Inventio en Pontevedra e afirma que foi toda unha experiencia, porque “unha cousa é traballar no estudio e outra ver o conxunto integrado e funcionando”. Ao seu xuízo, os diversos elementos do espectáculo -a coreografía, os números de maxia, de circo, a iluminación…- están “moi ben conectados e iso en boa parte é pola música”. Fala de “dúas horas que pasan voando” e que non dubida en cualificar de “abraiantes”, unha impresión que comparten moitos compañeiros artistas do seu círculo que tamén tiveron a oportunidade de ver Inventio ao longo da súa xira.

Á luz do resultado, a única dúbida agora é saber cando volverá asinar Trincado a música dun espectáculo ou se preferirá embarcarse noutras aventuras como a que o levou hai anos a traballar na produción dun disco de música inuit con coa canadense Tanya Tagaq. O único certo é que, faga o que faga, haberá que afinar os oídos para gozar do seu traballo.