13 de xaneiro, 20.00h
14 de xaneiro, 17.00h
14 de xaneiro, 20.30h

Prezo: desde 13 euros + gastos de xestión
3 de xaneiro, 17.00h
3 de xaneiro, 20.30h
4 de xaneiro, 17.00h

Prezo: desde 16,75 euros + gastos de xestión
29 de decembro, 17.00h
29 de decembro, 20.00h
30 de decembro, 12.00h
30 de decembro, 17.00h

Prezo: 15 e 35 euros + gastos de xestión
2 de decembro, 20.00h
3 de decembro, 17.00h
3 de decembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
26 de novembro, 20.00h
27 de novembro, 12.00h
27 de novembro, 17.30h

Prezo: 20 e 25 euros + gastos de xestión
11 de novembro, 20.00h
12 de novembro, 17.00h
12 de novembro, 20.30h
13 de novembro, 12.00h
13 de novembro, 17.00h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
5 de novembro, 17.00h
5 de novembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
28 de outubro, 20.00h
29 de outubro, 20.00h

Prezo: 15, 20 e 25 euros + gastos de xestión
7 de outubro, 20.00h
8 de outubro, 17.00h
8 de outubro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
Skip to main content

Coa estrea do espectáculo e o comezo da súa xira, seguro que a palabra inventio vai soar moito, pero, que significa exactamente? Hai unha acepción intimamente ligada á retórica, xa que a inventio é un dos seus cinco canons e consiste na primeira fase de procura de ideas e argumentos pertinentes para o tema do discurso. Mais inventio ten outros significados, entre eles o de aparición milagreira dunha reliquia nun lugar.

E aquí é cando o Camiño de Santiago e a inventio se dan a man, porque ese é o nome polo que se coñecen os feitos que levaron ao descubrimento do sartego do apóstolo en Galicia. Hai voces críticas que sinalan que non é totalmente atinado usar o termo inventio, xa que neste caso o achado realízase a partir dunha narratio, narración literaria baseada na tradición, e non nunha revelatio divina previa, máis próxima ao significado medieval.

Pero independentemente destes matices, o que é ben certo é que a primeira constancia escrita que se ten desta inventio sitúa a descuberta nos tempos do bispo Teodomiro, cando era rei Alfonso II o Casto, entre os anos 820 e 830. A nova causou un grande impacto en toda Europa e foi o detonante dun importante cambio demográfico, social, económico e relixioso: a outrora despoboada franxa do Camiño Francés tornouse unha ruta de peregrinaxe na que agromaron cidades que hoxe en día son xoias do Románico. Paralelamente ao progreso da Reconquista, a ruta xacobea inzouse de pontes, mosteiros e hospitais para os peregrinos cada vez máis numerosos.

E así ata os nosos días e a consolidación do Camiño de Santiago como unha das vías  máis antigas e concorridas. Aquela inventio é a responsable do ir e vir de millóns de persoas polo camiño de Santiago e de todo o que supón unha peregrinaxe desa magnitude. Xa ben pouco importa canto teña de achado, descuberta ou invención porque, como se adoita dicir, se non è vero, è ben trovato.