13 de xaneiro, 20.00h
14 de xaneiro, 17.00h
14 de xaneiro, 20.30h

Prezo: desde 13 euros + gastos de xestión
3 de xaneiro, 17.00h
3 de xaneiro, 20.30h
4 de xaneiro, 17.00h

Prezo: desde 16,75 euros + gastos de xestión
29 de decembro, 17.00h
29 de decembro, 20.00h
30 de decembro, 12.00h
30 de decembro, 17.00h

Prezo: 15 e 35 euros + gastos de xestión
2 de decembro, 20.00h
3 de decembro, 17.00h
3 de decembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
26 de novembro, 20.00h
27 de novembro, 12.00h
27 de novembro, 17.30h

Prezo: 20 e 25 euros + gastos de xestión
11 de novembro, 20.00h
12 de novembro, 17.00h
12 de novembro, 20.30h
13 de novembro, 12.00h
13 de novembro, 17.00h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
5 de novembro, 17.00h
5 de novembro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
28 de outubro, 20.00h
29 de outubro, 20.00h

Prezo: 15, 20 e 25 euros + gastos de xestión
7 de outubro, 20.00h
8 de outubro, 17.00h
8 de outubro, 20.30h

Prezo: desde 15 euros + gastos de xestión
Skip to main content

Inventio é unha creación para público familiar chea de humor, misterio e fantasía; unha viaxe sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos de cinema futurista, que visitará 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, música electrónica, composicións tradicionais e moito máis fusionaranse para abordar coma nunca o Camiño de Santiago baixo a dirección creativa do mago Martín Varela

As entradas para as primeiras datas da xira de Inventio estarán a disposición do público a partir do mércores 6 de abril

Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e Fundación “la Caixa”, co apoio de Sargadelos.

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago que o vindeiro outono-inverno tomará os nosos escenarios. Inventio é unha creación para público familiar que reborda humor, misterio e fantasía, na que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses; unha experiencia sensorial a un ritmo vertixinoso e con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve, que non é máis ca “unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir”.

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Baixo a dirección creativa do mago Martín Varela, trátase dunha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e Fundación “la Caixa”, co apoio de Sargadelos, que visitará un total de 15 escenarios de Galicia, España e Portugal de setembro de 2022 a xaneiro de 2023.

As entradas para a xira galega de Inventio, que visitará Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense, estarán a disposición do público a partir do próximo mércores 6 de abril.